Descripción
Ambientada na primeira metade do século XX, Que quede entre nós é un relato cunha clara pegada poética que busca honrar e, dalgún xeito, resarcir o sufrimento de quen loitou nunha batalla allea.
A historia entrelázase coas vivencias de Pepa, nacida nas Edreiras (Concello de Zas), onde comeza o debullar dunha vida que, para min, merece ser contada. Mais serán as lectoras e lectores quen lle dean o seu propio sentido.
Baseada en feitos reais, a obra tamén se nutre de retallos imaxinarios, co propósito de poñer palabras alí onde só había silencio.
