Envío gratuito en compras superiores a 60€

15,50 

ÁS DE BOLBORETA

Comparte:

1 disponibles

Descripción

Na «Luzada», a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d’ As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…
O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que «Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela»; salientando, ademais, que «mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela». Para concluír que «Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.»

Información adicional

Dimensiones 21,5 × 13 cm
Autor

ANEIROS, ROSA

ISBN

978-84-9914-215-9

Año edicion

2017

Coleccion

1

Editorial

Edicións Xerais

Páginas

232

Idioma

001

Fecha publicación

2011

Edición

2ª edición

EN OFERTA

Descubre nuestra oferta en libros y material de oficina y papelería

OPINIONES

Nuestros clientes

La satisfacción de nuestros clientes es nuestra mayor motivación. Cada opinión que recibimos nos ayuda a mejorar y a seguir ofreciendo un servicio de calidad. Aquí podrás leer experiencias reales de quienes ya confiaron en nosotros y comprobar por qué seguimos creciendo día a día. Su confianza es la mejor garantía de nuestro trabajo, y por eso valoramos tanto cada comentario. ¡Gracias por formar parte de nuestra comunidad!