Envío gratuito en compras superiores a 60€

19,00 

AS POETAS DA COLECCIÓN SALNÉS

Comparte:

1 disponibles

Descripción

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito
innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950 traendo aos lectores
e lectoras do século XXI moitas destas obras que supuxeron unha renovación
do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade. Esta colección
conmemorativa ábrese co presente volume: As poetas da colección Salnés.
En 1961 a editorial crea unha colección de poesía en lingua galega, a colección Salnés.
Nela publicarán as poetas escolmadas pola profesora Patricia Arias Chachero, responsable
tamén do limiar. Todas de procedencias e estilos moi variados, son, María do
Carme Kruckenberg, que asina Canaval de ouro en 1962; Pura Vázquez, en 1963 con
A saudade i outros poemas; e María Manuela Couto Viana e Anne Marie Morris, dúas
poetas alófonas, autoras de Frauta lonxana (1964) e Voz fuxitiva (1965), respectivamente.
A elas cómpre sumar Xohana Torres, que se inclúe nesta antoloxía porque é a
primeira muller en publicar en Galaxia e porque tivo intención de publicar en Salnés,
malia non facelo.
Cómpre ler os poemas desta escolma tendo moi presente o contexto en que foron
pensados, escritos e publicados. Apareceron nunha sociedade fortemente patriarcal
onde o discurso católico tradicional definía e condicionaba o sentir e o actuar das mulleres.
Só así poderemos valorar a modernidade e importancia do seu traballo. Foron as
primeiras, as que romperon barreiras e superaron prexuízos, as que abriron as portas
para todas as que vimos detrás. Fixérono cravando a vista nos poucos referentes femininos
de que dispuñan, con sororidade, apoiándose unhas nas outras.

Información adicional

Dimensiones 22 × 14,9 cm
Autor

TORRES, XOHANA ; KRUCKENBERG, MARÍA DO CARME ; VÁZQUEZ, PURA ; COUTO VIANA, MARÍA MANUELA ; MORRIS,

ISBN

978-84-1176-381-3

Año edicion

2025

Coleccion

1

Editorial

Editorial Galaxia, S.A.

Páginas

118

Idioma

001

Fecha publicación

2025

Edición

1ª edición

EN OFERTA

Descubre nuestra oferta en libros y material de oficina y papelería

OPINIONES

Nuestros clientes

La satisfacción de nuestros clientes es nuestra mayor motivación. Cada opinión que recibimos nos ayuda a mejorar y a seguir ofreciendo un servicio de calidad. Aquí podrás leer experiencias reales de quienes ya confiaron en nosotros y comprobar por qué seguimos creciendo día a día. Su confianza es la mejor garantía de nuestro trabajo, y por eso valoramos tanto cada comentario. ¡Gracias por formar parte de nuestra comunidad!