Envío gratuito en compras superiores a 60€

23,95 

ASASINATO NO CONSELLO NACIONAL

Comparte:

1 disponibles

Descripción

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora.
O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de «atentado contra a democracia». O vicepresidente Óscar Quiroga, amosouse «conmocionado» e afirmou que «Galiza saberá estar á altura das circunstancias» ante un asasinato «que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas galegos». Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de «camarada insubstituible e extraordinario patriota galego». Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG.
Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.

Información adicional

Dimensiones 22 × 15,5 cm
Autor

AMEIXEIRAS, DIEGO

ISBN

978-84-9914-171-8

Año edicion

2010

Coleccion

4043

Editorial

Edicións Xerais

Páginas

384

Idioma

001

Fecha publicación

2010

Edición

1ª edición

EN OFERTA

Descubre nuestra oferta en libros y material de oficina y papelería

OPINIONES

Nuestros clientes

La satisfacción de nuestros clientes es nuestra mayor motivación. Cada opinión que recibimos nos ayuda a mejorar y a seguir ofreciendo un servicio de calidad. Aquí podrás leer experiencias reales de quienes ya confiaron en nosotros y comprobar por qué seguimos creciendo día a día. Su confianza es la mejor garantía de nuestro trabajo, y por eso valoramos tanto cada comentario. ¡Gracias por formar parte de nuestra comunidad!