Descripción
Begoña Caamaño foi unha periodista comprometida co xornalismo independente e veraz, militante e social, especializada en información laboral, internacional, política social e cultural. Firme defensora dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero, participou activamente no movemento feminista.
María Xosé Porteiro, desde a súa perspectiva de compañeira de profesión e amiga, fai en Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía, un percorrido pola súa traxectoria profesional
