Envío gratuito en compras superiores a 60€

17,95 

POLAROID

Comparte:

1 disponibles

Descripción

A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, «Polaroid» descubriuse como unha autén-tica máquina de fabricar significados en todas as direccións, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestións do tempo contemporáneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o país: na ruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esque-ce o pasado. Un libro coa alma fracturada, concibido para mergullarse no seu tempo e pelexar furioso contra el. Foi precisamente esa vontade iconoclasta a que lle concedeu unha impresionante acollida por parte dos lectores e lectoras, converténdose nun libro polémico, discutido, grotesco, aplaudido, absurdo, desmitificador, burlón, innovador, crítico, hilarante, provocador… O propio Suso de Toro cualificouno daquela como «estalido de furia inspirado polo punk». «Polaroid», que recibiu o Premio da Crítica Galicia en 1987, enlazaba tanto co underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, cos medios de comunicación audiovisuais e coa música pop anglosaxoa. Hoxe é, sen dúbida, un clásico, un referente inevitable das nosas letras.

EN OFERTA

Descubre nuestra oferta en libros y material de oficina y papelería

OPINIONES

Nuestros clientes

La satisfacción de nuestros clientes es nuestra mayor motivación. Cada opinión que recibimos nos ayuda a mejorar y a seguir ofreciendo un servicio de calidad. Aquí podrás leer experiencias reales de quienes ya confiaron en nosotros y comprobar por qué seguimos creciendo día a día. Su confianza es la mejor garantía de nuestro trabajo, y por eso valoramos tanto cada comentario. ¡Gracias por formar parte de nuestra comunidad!