Envío gratuito en compras superiores a 60€

20,50 

TONAS DE LARANXA

Comparte:

1 disponibles

Descripción

" Tonas de laranxa " , a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora». Construíndo un espazo imaxinario e marabilloso, a novela, escrita a dúas mans por María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, filla e pai, narra o que sucede nese espazo, chamado Moreira, no que se van tecendo as vidas, por veces insólitas, de moitos personaxes curiosos, fabulosos, entrañables, que se acomodan na imaxinación dos lectores e lectoras e estimulan os nosos sentidos para crear unha atmosfera intemporal, sutil e poderosa ao tempo.
A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira.
" Tonas de laranxa " bota man dunha linguaxe enormemente rica e fluída, evocadora. O resultado é unha novela de engaiolante beleza e musicalidade. O tratamento do tempo e a importancia dos reloxos dota a novela, paradoxalmente, dunha estraña e doce sensación de atemporalidade, empuxando á pracidez, á beleza e ao preciosismo.

Información adicional

Dimensiones 23 × 15,5 cm
Autor

LORENZO MIGUÉNS, MARÍA ; LORENZO BALEIRÓN, MANUEL

ISBN

978-84-9914-439-9

Año edicion

2012

Coleccion

1

Editorial

Edicións Xerais

Páginas

168

Idioma

001

Fecha publicación

2012

Edición

1ª edición

EN OFERTA

Descubre nuestra oferta en libros y material de oficina y papelería

OPINIONES

Nuestros clientes

La satisfacción de nuestros clientes es nuestra mayor motivación. Cada opinión que recibimos nos ayuda a mejorar y a seguir ofreciendo un servicio de calidad. Aquí podrás leer experiencias reales de quienes ya confiaron en nosotros y comprobar por qué seguimos creciendo día a día. Su confianza es la mejor garantía de nuestro trabajo, y por eso valoramos tanto cada comentario. ¡Gracias por formar parte de nuestra comunidad!