Envío gratuito en compras superiores a 60€

12,00 

VIDA E OBRA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Comparte:

1 disponibles

Descripción

Nun único volume que condensa as distintas e ricas facetas da súa obra literaria e as relaciona coa súa biografía, este libro é unha áxil e rigorosa introdución á figura e aos textos do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2008. Narrativa, poesía e artigos de xornal aparecen estreitamente vencellados ao seu labor como editor e estudoso da literatura. O seu autor, Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e ensaísta dedicado a temas literarios e artísticos. Entre as súas publicacións cómpre salientar traballos sobre Lorenzo Varela, Manuel Antonio ou Ramón Cabanillas. Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador e editor. Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949); Roseira do teu mencer (1950); Cancioeiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador en galego é autor dos contos de Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). Foi fundador das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos anos do franquismo. Alén diso, cómpre salientar o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos.

Información adicional

Dimensiones 19 × 13,5 cm
Autor

L. BERNÁRDEZ, CARLOS

ISBN

978-84-9865-053-2

Año edicion

2008

Coleccion

1

Editorial

Editorial Galaxia, S.A.

Páginas

192

Idioma

001

Fecha publicación

2008

EN OFERTA

Descubre nuestra oferta en libros y material de oficina y papelería

OPINIONES

Nuestros clientes

La satisfacción de nuestros clientes es nuestra mayor motivación. Cada opinión que recibimos nos ayuda a mejorar y a seguir ofreciendo un servicio de calidad. Aquí podrás leer experiencias reales de quienes ya confiaron en nosotros y comprobar por qué seguimos creciendo día a día. Su confianza es la mejor garantía de nuestro trabajo, y por eso valoramos tanto cada comentario. ¡Gracias por formar parte de nuestra comunidad!